Chegou o momento que tan lonxe viamos pero que tan rápido chegou.
O momento no que os nosos camiños se separan. Ese momento tan temido pero a vez tan desexado. Por fin chegou o momento de comezar a nosa andadura universitaria.
Parece que foi onte cando estabamos ilusionadas por a graduación cando rematamos a secundaria e cando comezabamos o primeiro día de instituto. A gran liberdade que sentíamos ó poder saír do centro no recreo, de todo iso fai xa dous anos.
Volvendo a vista ainda mais atrás recordo con cariño e tenrura eses recreos nas monxas. Ese principio de curso cando estreabamos mochila. Cando despois das vacacións de nadal ensinabamos todos os agasallos que nos traían os "reis ". Nunca se me esqueceran esas saídas culturais nas que comezamos a durmir fora da casa, eses primeiros cumpreanos nos que iamos cear e quedabamos un pouco máis nun parque coñecido de sobra por todas.
Pouco a pouco fumos crecendo. Cambiamos os nosos intereses, fomos deixando a un lado as bonecas, a corda de saltar e os xogos no patio da escola por comezar a mirar con outros ollos ós rapaces, por mercar unha saia ou un pantalón que nos quedase ben e por algún que outro produto de beleza.
Fomos crecendo si, pero tamen foi crecendo a nosa amizade. Unha amizade que co tempo foise volvendo cada vez máis forte. Nunca olvidarei os momentos malos e por suposto os momentos bos nos que sempre estivestes ó meu carón, demostrándome que nunca poderei coñecer xente a que queira tanto como a vos.
Sí eu son sempre a fatalista, a que pensa que nos vamos esquecer unhas das outras ó cambiar de escola ou mesmo de clase, pero sodes vos as que día a día me demostrandes que estou equivocada, que nunca nos separaremos aínda que cada unha estea nun país distinto.
Por último agradecervos este verán que foi único por o menos para min, xa que tivemos moitas "excursións" e fomos a todas as festas que puidemos, esas risas coas cancións de fai algúns anos no coche nunca as esqueceremos.
Tamen fixen este video para sacarvos un sorriso ó ver estas fantásticas fotos jeje .
Por iso quero darvos as grazas por estar ahí sempre e pedirvos que nunca esquezades eses momentos que vivimos xuntas durante tantos anos.
Nunca esquezades que son a persoa que son grazas a vos e que sempre teredes unha enfermeira dispoñible as 24 horas do dia jeje =)
Solo podo dicir unha cousa.
GRAZAS
Acabo de ler o texto de Lucía e non podo deixar de comentar algo. O valor de compartir e de convivir é algo fundamental nas nosas vidas. Crecemos todos e todas e aprendemos cada día. Nesta ocasión, a gran Lucía danos unha emocionante ensinanza de amistad. Grazas, Lucía.Moita sorte.
ResponderEliminar