Sei que non son ninguén para recriminar nada pero esta entrada, neste blog dunha simple estudante e para que os políticos se den conta de que a xente se entera de todo.
Hai un mes estiven nunha cidade de Portugal e vin moitas diferenzas en relación a Verin. A menudo escoito dicir que Portugal está moito peor ca España a nivel económico, sem embargo agora teño dúbidas.
Hoxe mesmo sen ir máis lonxe andaba na procura dunha papeleira para tirar un papel cando ia camiñando pola rúa e non atopei ningunha. Sí pode parecer unha loucura pero non o é. A partir de entón funme fixando nas distintas rúas da nosa vila e dinme conta de que as papeleiras están en determinados lugares e que hai poucas.
Tan mal está o Concello de cartos que non pode poñer unhas simples papeleiras? E as que había antes, porque as quitaron? Non falo por falar. Un claro exemplo está na rúa Espido donde antes había algunha agora non existen, a rúa Irmáns Moreno é outro exemplo, solo hai papeleiras ó lado do parque infantil, e coma estas rúas podería citar moitas outras.
Xa non vou entrar na discusión sobre a crise, que non hai diñeiro para nada, pero señores políticos unhas simples papeleiras non costan tanto, se rebaixaran o seu soldo 10 euros cada un durantes un par de meses ese problema estaría solucionado. Pero é moito máis barato excusarse en problemas globais, e solo levarse méritos como o éxito de visitantes da feira do lázaro.
Non vou pedir perdón, por esta entrada, ó contrario serían os políticos os duns e doutros partidos os que terían que pedir perdón por gastar o diñeiro dos contribuíntes en cousas pouco necesarias e abandonar os cidadáns á súa sorte. Eu como veciña de verín reclamo os meus dereitos a ter todos os servizos, e cando digo todos refírome a todos incluíndo as citadas papeleiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario