miércoles, 6 de julio de 2011

violencia de xenero




Esta semana está sendo especialmente tráxica pois no que levamos de semana xa son catro as mulleres mortas a mans das sús parellas ou ex-parellas. Esto fai que me plantexe unha dúbida.¿É eficaz o dispositivo de seguridade que se forma ó redor dunha muller maltratada? A miña opinión é que non é eficaz pois a primeira das mulleres mortas esta semana tiña 28 anos e estaba separada, non tiña unha boa relación co seu ex-marido, éste foi detido e finalmente confesou o crime.
Pero estes feitos non son exclusivos de parexas novas como moitos pensan. A segunda vítima desta semana tiña 82 anos e foi acoitelada polo seu marido de 79 anos cun coitelo de cociña durante unha discusión, acto seguido o ancián suicidouse dun tiro na cabeza.
Outro caso parecido é o dunha muller de 72 anos que foi asasinada polo seu marido cunha machada.
Hai moita xente maior que pensa que a violencia doméstica producese poruqe,palabras textuais, "Agora os matrimonios non aguantan nada o un do outro."
E eu digo unha cousa. ¿É normal aguantar que o teu marido veña a casa bébedo e che pegue? ¿Ou che recrimine que non teñas a comida preparada cando tí chegaches ó mesmo tempo ca él de traballar?
Claro que non é normal, ¿pero porque hai xente que segue pensando eso? Vivimos nunha sociedade que ainda que vai avanzado pouco a pouco segue a ser machista. Porque poucos son os anuncios de televisión onde se ve a un home lavando o pratos ou poñendo a lavadora. Todo iso vai entrando dentro da personalidade dos nosos nenos/as, que serán os adultos de maña.
Para evitar que no futuro haxa este tipo de violencia hai que empezar por educar na igualdade.
No que se refire ó presente hai que poñer todos os medios dispoñibles para evitar estes crimes e darlle toda a axuda necesaria a estas mulleres que viven aterrorizadas con calquera ruido ou sombra.
Entre todos podemos axudar na medida que nos sexa posible, xa sexa dándolle o apoio necesario ás vítimas como denunciando a un maltratador ó que temos por veciño ou por coñecido.
Nunca se sabe cando unha persoa do noso entorno está sufrindo e cando nos pode pasar a nós, os nosos irmáns ou os nosos fillos.