jueves, 8 de diciembre de 2011

NADAL





Xa pronto chega o nadal e todo o mundo está contento, comprando os agasallos, decorando a casa e vendo a ilusión na cara dos máis pequenos. Sen embargo hai xente que a estas alturas do ano se da conta do soa que está.
Estou falando da xente que vive na rúa, dese matrimonio de 80 anos que non teñen fillos, desa María que esta nun asilo e a cal os fillos non visitan nin nesas datas, ese Manuel que vive só nunha aldea do centro de Galicia, ese Antón ó que lle morreu a muller fai dous anos e que quedou solo..... e outros moitos exemplos de xente para a cal estas datas son un recordatorio moi doloroso do que significa soidade.
Para eles estar o resto do ano solo vaise soportando grazas o contacto cos veciños, pero ese día de noiteboa todos están cos fillos, netos..., o bar da aldea está pechado, e na televisión hai os mesmos programas repetidos.
Afortunadamente existen asociacións e ONG como Cruz Vermella que van buscando a cada unha destas persoas e levaas a un local onde hai organizada unha cea. Esa cea non será co mellor marisco nin co mellor viño, pero é coa mellor compañía que se pode ter: xente en situación de desamparo....
Esa noite podense crear moitos lazos afectivos e axúdase a esa xente a que se sinta querida nunha datas que serían tristes e pouco desexadas.
Os que van un ano, din que repiten encantados e xa teñen esa data reservada para volver reencontrarse con esas persoas tan especiais que son os voluntarios que sempre teñen un soriso na cara.
Así que cando estemos sentados na mesa a noite de noiteboa recordemos que hai moita xente que está pasando esa noite con uns descoñecidos, pero son eses descoñecidos os que máis cariño lle dan, e os que recordaran con mais dozura durante todo o ano.

Dende aqui quero darlle as grazas a todos eses voluntarios que esa noite traballan para facer a vida desta xente un pouco máis agradable.

BO NADAL

miércoles, 7 de septiembre de 2011

Crecer

Chegou o momento que tan lonxe viamos pero que tan rápido chegou.
O momento no que os nosos camiños se separan. Ese momento tan temido pero a vez tan desexado. Por fin chegou o momento de comezar a nosa andadura universitaria.

Parece que foi onte cando estabamos ilusionadas por a graduación cando rematamos a secundaria e cando comezabamos o primeiro día de instituto. A gran liberdade que sentíamos ó poder saír do centro no recreo, de todo iso fai xa dous anos.
Volvendo a vista ainda mais atrás recordo con cariño e tenrura eses recreos nas monxas. Ese principio de curso cando estreabamos mochila. Cando despois das vacacións de nadal ensinabamos todos os agasallos que nos traían os "reis ". Nunca se me esqueceran esas saídas culturais nas que comezamos a durmir fora da casa, eses primeiros cumpreanos nos que iamos cear e quedabamos un pouco máis nun parque coñecido de sobra por todas.
Pouco a pouco fumos crecendo. Cambiamos os nosos intereses, fomos deixando a un lado as bonecas, a corda de saltar e os xogos no patio da escola por comezar a mirar con outros ollos ós rapaces, por mercar unha saia ou un pantalón que nos quedase ben e por algún que outro produto de beleza.
Fomos crecendo si, pero tamen foi crecendo a nosa amizade. Unha amizade que co tempo foise volvendo cada vez máis forte. Nunca olvidarei os momentos malos e por suposto os momentos bos nos que sempre estivestes ó meu carón, demostrándome que nunca poderei coñecer xente a que queira tanto como a vos.
Sí eu son sempre a fatalista, a que pensa que nos vamos esquecer unhas das outras ó cambiar de escola ou mesmo de clase, pero sodes vos as que día a día me demostrandes que estou equivocada, que nunca nos separaremos aínda que cada unha estea nun país distinto.

Por último agradecervos este verán que foi único por o menos para min, xa que tivemos moitas "excursións" e fomos a todas as festas que puidemos, esas risas coas cancións de fai algúns anos no coche nunca as esqueceremos.
Tamen fixen este video para sacarvos un sorriso ó ver estas fantásticas fotos jeje .

Por iso quero darvos as grazas por estar ahí sempre e pedirvos que nunca esquezades eses momentos que vivimos xuntas durante tantos anos.
Nunca esquezades que son a persoa que son grazas a vos e que sempre teredes unha enfermeira dispoñible as 24 horas do dia jeje =)

Solo podo dicir unha cousa.
GRAZAS

miércoles, 6 de julio de 2011

violencia de xenero




Esta semana está sendo especialmente tráxica pois no que levamos de semana xa son catro as mulleres mortas a mans das sús parellas ou ex-parellas. Esto fai que me plantexe unha dúbida.¿É eficaz o dispositivo de seguridade que se forma ó redor dunha muller maltratada? A miña opinión é que non é eficaz pois a primeira das mulleres mortas esta semana tiña 28 anos e estaba separada, non tiña unha boa relación co seu ex-marido, éste foi detido e finalmente confesou o crime.
Pero estes feitos non son exclusivos de parexas novas como moitos pensan. A segunda vítima desta semana tiña 82 anos e foi acoitelada polo seu marido de 79 anos cun coitelo de cociña durante unha discusión, acto seguido o ancián suicidouse dun tiro na cabeza.
Outro caso parecido é o dunha muller de 72 anos que foi asasinada polo seu marido cunha machada.
Hai moita xente maior que pensa que a violencia doméstica producese poruqe,palabras textuais, "Agora os matrimonios non aguantan nada o un do outro."
E eu digo unha cousa. ¿É normal aguantar que o teu marido veña a casa bébedo e che pegue? ¿Ou che recrimine que non teñas a comida preparada cando tí chegaches ó mesmo tempo ca él de traballar?
Claro que non é normal, ¿pero porque hai xente que segue pensando eso? Vivimos nunha sociedade que ainda que vai avanzado pouco a pouco segue a ser machista. Porque poucos son os anuncios de televisión onde se ve a un home lavando o pratos ou poñendo a lavadora. Todo iso vai entrando dentro da personalidade dos nosos nenos/as, que serán os adultos de maña.
Para evitar que no futuro haxa este tipo de violencia hai que empezar por educar na igualdade.
No que se refire ó presente hai que poñer todos os medios dispoñibles para evitar estes crimes e darlle toda a axuda necesaria a estas mulleres que viven aterrorizadas con calquera ruido ou sombra.
Entre todos podemos axudar na medida que nos sexa posible, xa sexa dándolle o apoio necesario ás vítimas como denunciando a un maltratador ó que temos por veciño ou por coñecido.
Nunca se sabe cando unha persoa do noso entorno está sufrindo e cando nos pode pasar a nós, os nosos irmáns ou os nosos fillos.

viernes, 27 de mayo de 2011

FANTÁSTICAS FACILIIDADES ÓS ESTUDANTES

Agora mesmo acabo de ver que estou de suplente nas listaxes do programa de Inmersión lingüística para ir a Canadá. Coma min por suposto hai moitísimas máis persoas que se deben sentir como me sinto eu agora mesmo.
Levo uns dous meses mirando cada semana a páxina da Xunta para ver se sairan as listaxes, con ilusión, facendo plans e cando por fin saen atopome con isto.
De que vale todo o traballo que levei o ano pasado para conseguir unhas boas notas? De que vale toda esa ilusión? De que vale pasar horas sen durmir deitandote tarde e levantandote cedo para sacar unhas boas notas?
Direivos eu de que vale, de NADA, non vale de nada pois todo ese traballo só me mide cuns simples numeros que ainda non sei moi ben como puntuan , todo sexa dito.
Moitas veces se escoita que España e un país onde hai un baixo nivel de inglés, que hai que potenciar este idioma pois será a chave que abrirá os futuros dos xóvenes. Todo é un lavado de imaxe dos partidos políticos, pois na práctica isto non se cumpre.
Dise que España está cun elevado nivel de fracaso escolar, e digo eu, a quen non se lle quitan as ganas de estudar vendo isto?
A min desde logo si que se me quitan. Isto é o que consigue este goberno autonómico que moito di que pensa nos xóvenes pero na realidade non fai nada por eles. Teño que darlle moitas grazas a Xunta de Galicia pois así vou aprender moito inglés, e ó goberno central darlle as grazas tamén por o fántastico plan Bolonia, que nos está a hipotecar o futuro, pois pretende que solo estuden os fillos dos señoritos, dos ricos, coma se volvesemos os tempos da idade media ou de Franco.
Queridos partidos políticos que será o próximo non deixar votar as mulleres? Xa me espero calquera cousa, despois de ver como se levantaba a acampada do movemento do 15 de Maio.
PD: Estou escribindo dende a rabia, pode que moitos dos meus comentarios esten fóra de lugar, pero cando un se pon a escribir e difícil para.
Sinto moito se dano a ideoloxía de alguén.

viernes, 20 de mayo de 2011

Eleccións municipais 2011

Estamos a piques de elexir os alcaldes dos nosos concellos pero en realidade serve de algo?
Todos, xa sexan de dereitas ou de esquerdas o único que queren é gañar as eleccións porque saben que teñen asegurado un soldo máis alto do que nunca soñaría un traballador da construcción durante 4 anos.
Cando se acordan da cidadanía?? soamente unhas semanas antes de comezar coas campañas electorais. Durante eses catro anos nós non existimos para eles, somo somos simples papeletas que lle asegurarán saír nunha foto como vencedores.
Todas as promesas que estamos a escoitar nunca serán cumpridas porque ese programa electoral que nos presentan como ideal, o luns a primeira hora xa estará no balde do lixo.
Son as primeiras eleccións nas que vou poder votar. Agora todos os representantes me falan e me poñen boa cara cando un dia normal nin sequera me miran.
Creo que é o momento de dar apoio ó movemento do 15 de Maio, pois están sendo obrigados a retirar as acampadas, pois según os xuíces nas xornadas de reflexión non se pode mostrar apoio a ningún partido político.
E eu preguntome unha cousa. Como é posible que se considere que están apoiando a un partido político se o que en realidade están buscando é unha alternativa ós dous partidos maioritarios??
Temos unha televisión e unha radio pública que está sendopagadda cos nosos impostos.Non tería que ser imparcial? Nesta radio que en teoría tería que ser pública infravalorase o movemento do 15 de Maio. Cristina unha ointe chama e fai calar a eses grandes profesionais que según eles defenden a verdade e a imparcialidade.


jueves, 19 de mayo de 2011

galegos non so un dia no ano

O día 17 de Maio foi o día das letras galegas. Todo o mundo se da conta de que son galegos e presumen de selo pero o día seguinte esqueceno.
Somos galegos todo o ano non so un día. Somos galegos para as festas pero tamen para o traballo, cando hai que traballar por Galicia poucos son os que están ahí o pe do cañón dispostos a que Galicia se escoite.
Disfrutemos desta terra meiga todo o ano non so un día no que se busca publicidade e boa imaxe.