jueves, 8 de diciembre de 2011

NADAL





Xa pronto chega o nadal e todo o mundo está contento, comprando os agasallos, decorando a casa e vendo a ilusión na cara dos máis pequenos. Sen embargo hai xente que a estas alturas do ano se da conta do soa que está.
Estou falando da xente que vive na rúa, dese matrimonio de 80 anos que non teñen fillos, desa María que esta nun asilo e a cal os fillos non visitan nin nesas datas, ese Manuel que vive só nunha aldea do centro de Galicia, ese Antón ó que lle morreu a muller fai dous anos e que quedou solo..... e outros moitos exemplos de xente para a cal estas datas son un recordatorio moi doloroso do que significa soidade.
Para eles estar o resto do ano solo vaise soportando grazas o contacto cos veciños, pero ese día de noiteboa todos están cos fillos, netos..., o bar da aldea está pechado, e na televisión hai os mesmos programas repetidos.
Afortunadamente existen asociacións e ONG como Cruz Vermella que van buscando a cada unha destas persoas e levaas a un local onde hai organizada unha cea. Esa cea non será co mellor marisco nin co mellor viño, pero é coa mellor compañía que se pode ter: xente en situación de desamparo....
Esa noite podense crear moitos lazos afectivos e axúdase a esa xente a que se sinta querida nunha datas que serían tristes e pouco desexadas.
Os que van un ano, din que repiten encantados e xa teñen esa data reservada para volver reencontrarse con esas persoas tan especiais que son os voluntarios que sempre teñen un soriso na cara.
Así que cando estemos sentados na mesa a noite de noiteboa recordemos que hai moita xente que está pasando esa noite con uns descoñecidos, pero son eses descoñecidos os que máis cariño lle dan, e os que recordaran con mais dozura durante todo o ano.

Dende aqui quero darlle as grazas a todos eses voluntarios que esa noite traballan para facer a vida desta xente un pouco máis agradable.

BO NADAL

1 comentario: