sábado, 12 de mayo de 2012

Un ano despois en Lorca

 

    Onte dia 11 de Maio cumpliuse un ano do devastador terremoto en Lorca (Murcia).
Fai un ano que nos estabamos asustando cas notocias que nos chegaban dende esta pequena localidade. Un total de 9 falecidos e 324 feridos foi o que nos deixou este sismo de 5.2 graos na escala de Richter.
Unha das historias que máis nos chamou a atencion sen dúbida algunha, foi a dunha muller que cando se lle comezou a cair a casa en cima, ante a imposibilidade de conseguir sacar os seus dous fillos (de 1 e 3 anos), tirouse encima deles para intentar salvalos. O seu plan deu resultado, os dous nenos salvaronse pero a nai  desgraciadamente faleceu.


  Miles de persoas perderon a súa vivenda, ben porque non soportou a magnitude do tremor ou ben porque os danos na estructura eran tan graves que houbo que derrubalas por seguridade .
 Hoxe pasados 366 dias dese desastre que asolou a rexión de Murcia, as axudas prometidas ainda non chegaron. Foron moitas as promesas para esta localidade de que ian dar todas as axudas que foran necesarias para que a vida desas persoas volvese a normalidade canto antes, esas promesas quedaron en promesas dos políticos; pois a día de hoxe o 30 º/ o dos comerciantes ainda non puido volver abrir os seus negocios. Asi e como van volver a normalidade?

  O longo de todo este ano case non se volveu falar de Lorca e agora claro como se cumpliu un ano deste desastre volvese falar. Volven os señores con traxe e garavata para facer a foto e volver facer promesas que non se van cumplir e se se cumplen será tarde e mal .